Os seus versos latexan ceibes cunha singularidade fonética e ortográfica
que levan a un rupturismo gramatical ata acadar un expresionismo de por
sí transgresor. O seu pensamento descorre pola beira dunha alocución
automática, rápida e innovadora; a melodía que supón a poesía esvara
cunha liberdade creadora total, e transmite un frenesí aparentemente
caótico, afastado de toda formalidade lingüística.
“El ojo que todo lo esconde, o el cuchillo que trocea a los inocentes”está
impregnado por unha -atmosfera de arrebato- (lírico-épico) que respira
insubordinación. A súa lectura pode deixarte á beira do precipicio, e pode
estar tamén non canón de luz que che salve do abismo para retomar o ar
e regresar, de novo, ao poderoso remuíño para resucitármonos.