27 novembro 2024

-POESENCIA-


O día 25 de outubro pola mañán no IES Ramón Llull acompañada por Mario Obrero diante dun

salón abarrotado polo alumnado. Fantástico recibimento por parte deste, e do profesorado.

Alí agromaron -partículas de luz-.

Pola tarde recitando no Palacio de Colomina continuaron as faíscas.

Parabéns á organización por tan magnífico desenvolvemento das Xornadas Poéticas.

Porén, uns días despois coa chegada da Dana, a consternación puido coa vulnerabilidade do

sorriso. Invadiume o abatemento, xa que Valencia e a súa xente están na miña bagaxe

emocional dun xeito firme.