Obra: Carmen Torreiro
A voz de Piaf é o vento no
rostro. Sobrevive na vea palpitante dun corazón desangrado que non deixa de
lembrarlle o enxordecedor silencio dunha época espida de calor. Cando chega a
noite, ese vento insistente danza no umbral dunha melodía allea ao éxito; Piaf non atopou o seu lugar no triunfo onde a
súa poderosa voz a instalou. Xamais puido exiliarse do seu pasado irredento que
a devoraba sen darlle tregua. Sempre precisaba fuxir a esa esquina de xeo onde
sentirse a sí mesma. Por iso, cando chega a noite, a deusa de voz despenada
replégase ao abisal territorio, ese lugar que non figura en mapa algún, a non
ser na partícula desgastada do tempo…
Ola
Patiño Nogueira
(A Coruña, Nadal 2014)