CIEC(Centro Internacional de Estampa Contemporánea)


Pasar unha tarde en compañía de dous grandes amigos e artistas(Jesús Núñez e a súa dona Lola Galilea), visitando, de novo, o CIEC (ubicado en Betanzos) é todo un luxo. A Fundación CIEC (creouse, como tal, no ano 1997)aposta pola arte gráfica contemporánea que se fai dende Galiza, con actividades formativas y expositivas, que se complementan con visitas guiadas e didácticas, talleres para adultos e infantís, encontros, charlas, conferencias, concertos, recitais, intercambios, edicións, asistencia á feiras de Arte Gráfica. Está tamén o Premio Jesús Núñez en torno á Estampa. A colección CIEC conta con máis de 3.000 pezas tanto de autores recoñecidos como de xóvenes valores. Hai que salientar as dúas salas dedicadas a mostrar unha selección da obra de dous grandes artistas: a Sala Luis Seoane con obra donada pola súa viuva, Maruxa Seoane, no ano 2001(case un centenar de obras). E a Sala Amadeo Gabino, quen despois de ter impartido cursos de verán nos talleres do CIEC , decidiu donar un centenar das súas obras á Fundación coa finalidade de apoiar o proxecto artístico, a creación do CIEC, que comezaba entón Jesús Núñez. Que dicir de Jesús Núñez, artista multidisciplinar. A súa obra abrangue todas as técnicas do gravado, así como a pintura, a escultura, o deseño textil e de xoias, e incluso deseño de mobiliario. Mostras da súa obra atópanse nos principais museos nacionais e internacionais de Arte Contemporáneo. Madrid, Berlín, París, Venecia, Tokio, Punta del Este son lugares emblemáticos para Jesús Núñez, tanto polos premios obtidos coma polos cursos impartidos. No edificio do CIEC hai unha sala dedicada á variedade da súa obra. A Bienal de Balconadas de Betanzos iniciouse no ano 1988 pola propia iniciativa de Jesús Núñez. Trátase dun Certame Internacional de Pintura, na que participan máis de 120 paises. A cidade semella un museo ao aire libre con centos de obras moi sorprendentes de estéticas moi variadas. Jesús Núñez xunto co poeta Uxio Novoneira, autor dun extraordinario poema dedicado aos Caneiros(escrito no ano 1955) levaron a cabo un traballo de creación que deu como resultado un  marabilloso libro, no que as sorprendentes grafías de Uxio, dialogan cos fantásticos gravados de ese grande artista que é Jesús. Tiven a oportunidade de coordinar dito proxecto no ano 1997, e foi unha experiencia moi gratificante.
                                                                                             Olga Patiño Nogueira









POEMA DOS CANEIROS