CERCO
No delirio da noite
a luz debuxa un ritual
con ritmo secreto,
unha sede misteriosa que
galopa
o abrente que esperta.
Mentres eu abrango
a vosa ausencia
deuses imprevisíbeis
para encubrir a nudez do baleiro
baixo o tremor da néboa.
Olga Patiño Nogueira
(A Coruña, 12-Maio-2022)