Obra: Luis Gabú
Para as mulleres de Gbarnga
(Liberia)
Aisha
Recoñézote no zoar do vento
e na
nidia sombra dos soños.
Ás
veces sacúdeme de lonxe un berro,
outras
un son traveso.
Ás
veces é o son do silencio
o que
esvara polos teus dedos
de
muller feita
dunha sucesión de xestos.
Ás
veces o acústico mosaico
do teu
ser
é un
ópalo ondular,
presenza
de zume,
xunco
de valse.
Aisha
alén do
vento
a áurea do teu perfil imantado
transfigura o
teu choro vehemente
en
lagoa celeste,
onde
peixes transparentes
tenta
transformar as desafiantes tormentas
nun
vento apracíbel.
Entre o
ceo e a terra
buscando vas
a
túa sombra,
apodérate
dela! fúndete nela!
non
esquezas
que
aniña
a
riqueza indolente das estrelas.
Aisha
susúrralle á caluga do vento
as
historias das túas feridas.
Esfiaña os fíos do soño pouco a pouco
pero
sen pausa ata chegar ao final do labirinto,
xa
que teño a sensación previa
que
vai permutar a luz arredor da túa sombra.
Olga Patiño Nogueira