Búscote no alento que respiro
cando navego polo mundo
dos días entreabertos,
cando intento eludir as derrotas
ou cando a certeza dos regatos
son ríos navegábeis.
Búscote cando medra a memoria inesperada
e a
intención se desprende do camiñar compartido
e lle pregunta ao vento
onde repousa a túa equipaxe?
Voltarei ao destino
xunto ao bafo da tribo,
na latitude máis extrema da esperanza,
receosa dos alentos que te poidan invadir;
sempre alerta,
sempre amándote.
Olga Patiño Nogueira
Olga Patiño Nogueira