30 marzo 2026

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

 





DÍA MUNDIAL DO TEATRO (27- MARZO)

O TEATRO revela quen somos como sociedade e como individuos. Desafíanos a pensar
de xeito crítico. Lémbranos a importancia da empatía, da compasión e da
solidariedade na construción dun mundo mellor, libre e máis inclusivo para tod@s.
No TEATRO a humanidade enfróntase a si mesma.
Baixo a dirección de José Redondo (extraordinario director e magnífico actor) medrei
como persoa.
Todo o meu agradecemento a Francisco Oti polo seu empeño en levar a bo porto esta
Homenaxe ao grupo Tespis. Foi unha xuntanza inesquecíbel!