30 marzo 2026

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

 


 
DÍA MUNDIAL DA POESÍA (21 de Marzo)

Para min a poesía é a subversiva respiración do sangue. O espazo poético é unha sorte
de refuxio no que tentamos atopar a revelación do ser, a clarificación deste. Ese lugar
sagrado no cal sentirse a salvo neste planeta á deriva onde reside un mundo
disparatado. Neste pálpito de incertidume, a poesía, a pintura, a música, as artes en
xeral teñen un poder curativo (sandador) contra as feridas da vida e da historia.
Ningunha destas artes é un luxo inútil. Trátase de gañar ás tebras que non á noite, a
noite pode ser moi clarificadora.
En -SUPERSALVAJE- José Carpenter abísmase sen rede de protección, como bo
alquimista que é, toma a realidade vivida, lida e soñada...e metamorfosea con ela ata
transformala nun -pequeno universo de sentidos-, e o consegue: voa por riba do
precipicio alongando o son da luz...
Parabéns por este poemario, polo potencial hipnótico das palabras que o habitan na
vertixe do vento, e que invaden ao lector@ (insumiso) cara a unha liberdade errante...