“FENÓMENO FAN” (Clara Pino – Xavier Magalhães)
Este libro é un eido fértil de liberdade, sinceridade e valentía onde a
respiración e o silencio emerxen na dimensión dun horizonte enchido de
néboa e resplandor.
É o resultado de dúas voces potentes, dous creadores porosos cos sentidos
en permanente estado de alerta cara ás pulsacións propias e ás da memoria
cósmica, nas que renacen vitoriosos no gume do abismo.
Cando o diálogo flúe, cunha gran complicidade, entre a palabra e a imaxe
como acontece nesta obra, foméntase unha enerxía ascendente que
potencia as emocións e, por suposto, a veracidade do contido.
Olga Patiño Nogueira