18 maio 2023

MARÍA NO XARDÍN DO PASATEMPO (Esther López Castro)

 


 

 “MARÍA NO XARDÍN DO PASATEMPO” (Esther López Castro)


Trátase dun relato sutil cunha linguaxe fondamente sensorial e descriptiva,
onde o asombro e máis a emoción dan lugar a unha explosión de luz en
comunión coa natureza. Achegarse á naturalidade, sensibilidade, e sobre
todo, á autenticidade do neno/a que fomos ten os seus riscos. A autora
lógrao dende o lirismo no que se desenvolve ao longo do conto.
Esther López Castro tamén manifesta na narración, cun matiz didáctico, os
feitos auténticos para dar a coñecer o labor altruista dos hirmáns García
Naveira.


Olga Patiño Nogueira