“EL PULGAR DE LA ALEGRÍA” (Antonino Nieto Rodríguez)
A voz poética de Antonino Nieto Rodríguez neste poemario como nos anteriores é un
canto singular capaz de espertar, deterse a meditar e ver máis alá de todo aquelo que
nos distrae; xa que tenta sacudir o noso espírito, activar as nosas emocións e rebelar o
inmortal que hai en nós contra o destino indisolublemente tráxico do ser humano: a morte.
O seu pensamento descorre pola beira dunha alocución automática, rápida e
innovadora, de tal xeito, que a melodía que supón a poesía esvara cunha liberdade
creadora total. O eu poético de Antonino sempre alenta nun existencialismo metafísico
cun fondo escepticismo: un permanente preguntarse ou dar respostas con ousada
contundencia. Os seus versos deambulan pola luz e polas sombras, endexamais polas tebras.
O poeta tenta recuperar a conciencia de si mesmo sen distraccións para ensanchar a
capacidade do espírito, para enfrontarse á estreiteza dos dominios domésticos do
home; e faino dun xeito oceánico, con valentía e lucidez tanto na forma como no fondo neste poemario “EL PULGAR DE LA ALEGRÍA”, este magnífico espazo de arrebato lírico-épico achégate á vértixe do abismo.
Olga Patiño Nogueira