24 xaneiro 2022

Espiral Maior Foro (Carballo).

 

Onte, achegueime a Espiral Maior Foro (Carballo). Tiven a oportunidade de respirar en directo -o espazo de resitencia e luz- que é este lugar.

Os libros en xeral e os Libros de Artista, en particular, configuran un horizonte destinado a ser eco máis aló…Así como, a pintura (magnífica e enigmática exposición de Xulio Garcia Rivas). Atopar obra de Manuel Facal foi estupendo, tamén.




Escoitar a Miguel Anxo falar dos proxectos que ten para encher de contido sensíbel e intelixente este Foro foi gratificante.

Casualmente coincidín con Rosalía Fernández Rial, a quen felicitei persoalmente polo seu último libro.

A tarde foi moi frutífera.