15 outubro 2021

Homenaxe a Jesús Núñez

 



O día 2 de Outubro, o artista Jesús Núñez foi nomeado -Académico de Honra electo- pola Academia de
Belas Artes. O acto tivo lugar na Fundación CIEC (Centro Internacional de Estampa Contemporánea), espazo de gran beleza: acrópole de cultura, na cidade de Betanzos. Nel impártense cursos internacionais de gravado, e pódese disfrutar de visitar exposicións permanentes, e doutras temporais.

Jesús Núñez é un extraordinario mestre en múltiples disciplinas, nas que profundiza dende a búsqueda
permanente da renovación artística. Vontade sen fronteiras, a obra de Jesús Núñez (a heterodoxia deste)
agroma dende a conexión entre o terrestre e o cósmico, sempre impregnada dunha autenticidade
transcendente, embebida nunha intensa sensibilidade.