Olga Patiño Nogueira
26 abril 2025
09 febreiro 2025
Poetas na cociña
Presentación do poemario -Poetas na cociña V-: unir voces para reivindicar a formidable
labor que a Cociña Económica da Coruña (fundada no ano 1886) leva a cabo nun eido
da nosa sociedade.
Tanto no acto na Sala de Cultura do Sporting Clube Casino da Coruña (16-Nadal-2024)
como no acto celebrado na Asociación Alexandre Bóveda (10-Febreiro-2025) tentamos
ir á procura da luz, nesta sociedade alienada e alienante onde semella que nos
consumimos consumindo...
O numeroso público que nos acompañou respondeu formidablemente.
15 decembro 2024
In memoriam de Omar Kessel
Tivo lugar no CIEC de Betanzos a Homenaxe póstuma ao artista cubano Omar Kessel.
O numeroso grupo de amig@s que alí nos congregamos estivemos envoltos por unha
atmosfera chea de emoción. Agromaron sentimentos que traspasaban a luz do día
para lembrar a ese gran ser humano, e gran artista -Omar Kessel-.


